Publicador de contidos
Publicador de contidos

Tanxugueiras piden en 'Luar' a fin do odio nas redes e responden con retranca ao xurado

Tanxugueiras piden en 'Luar' a fin do odio nas redes e responden con retranca ao xurado

As galegas elixiron a TVG para a súa reaparición tras o Benidorm Fest

G24.gal 04/02/2022 23:17

Tanxugueiras interpretaron 'Terra' e 'Averno' no escenario de 'Luar', nun programa especial onde repasaron as súas intervencións na TVG, a cadea que as viu nacer como grupo.

Por primeira vez ademais, TVG e TVE realizaron unha emisión conxunta para entrevistar durante uns minutos a gañadora do Benidorm Fest, Chanel, e mais as Tanxugueiras. 

Nesa conexión co programa de Javier Ruiz, Tanxugueiras pediron a fin do odio nas redes e responderon con retranca ao xurado do Benidorm Fest.

Primeiro quixeron mandarlle unha mensaxe de ánimo a Chanel. Dixéronlle: “Querémosche, Chanel, con Chanel a lume de biqueira, vas romper con todo”, gritaron, algo ao que Chanel respondeu cun "Quérovos".

Pero despois, facendo uso da retranca, Tanxugueiras manifestaron na conexión en directo: "Sabemos que gusta máis un videoclip que o que é facer unha escena en directo, polo que imos facelo. Un bico a Gonzalo Hermida, que o queremos con locura".

Esta manifestación realizárona porque un membro do xurado lles deu a nota mínima (2) por riba de Gonzalo Hermida, que non actuou en directo no Benidorm Fest por ter coronavirus e que participou a través dun videoclip.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar