Tanxugueiras e Fillas de Cassandra, entre as artistas da nova edición do festival Revenidas
Os grupos galegos Lontreira e Loita Armada tamén se subirán ao escenario xunto cos cataláns Serial Killerz e Balkan Paradise Orchestra, os vascos ETS (En Tol Sarmiento) e os sevillanos Narco

Na nova edición do festival Revenidas 2024, Tanxugueiras, La Pegatina, Fillas de Cassandra ou o grupo italiano Talco, son algúns dos artistas confirmados que actuarán no escenario de Vilaxoán, en Vilagarcía de Arousa, entre os días 12 e 15 de setembro, segundo anunciaron este xoves dende a organización.
O primeiro avance do cartel reflicte, segundo explican, que se manteñen "fieis" á súa esencia e os seus "sinais de identidade", apostando pola música galega, artistas doutras linguas nacionais e internacionais e pola paridade de xénero.
"Volvemos tan Revenidas como sempre", presumen dende a organización do festival, que nos últimos anos rematou por converterse nun evento de referencia a nivel estatal deste tipo de eventos.
Os grupos galegos Lontreira e Loita Armada tamén se subirán ao escenario do Revenidas, xunto coas bandas catalás Serial Killerz e Balkan Paradise Orchestra, ademais dos vascos ETS (En Tol Sarmiento) ou os sevillanos Narco.
A parte internacional do festival contará, tamén, coa actuación dos bosníacos Dubioza Kolektiv.
😍 𝗣𝗥𝗜𝗠𝗘𝗜𝗥𝗔𝗦 𝗖𝗢𝗡𝗙𝗜𝗥𝗠𝗔𝗖𝗜Ó𝗡𝗦 𝗗𝗢 #𝗥𝗘𝗩𝗘𝗡𝗜𝗗𝗔𝗦𝟮𝟬𝟮𝟰 🔥
— Festival Revenidas (@Revenidas) February 29, 2024
👉 Sabemos que morrías por coñecelos e aquí os tes: As e os primeir@s artistas confirmados para esta edición do #Revenidas 2024!
🔴 @tanxugueiras
⚫ @dubiozakolektiv
🔵 @lapegatina
🔴… pic.twitter.com/o4oPvAessP