Publicador de contidos
Publicador de contidos

Susto no Halo ao quedaren atrapadas nove persoas durante dez minutos

Susto no Halo ao quedaren atrapadas nove persoas durante dez minutos

O Halo comezou a funcionar hai quince días e permite salvar unha pendente de 50 metros e evitar un percorrido a pé de case dous quilómetros

G24.gal 29/02/2024 20:25 Última actualización 29/02/2024 21:17

Nove persoas quedaron atrapadas este xoves nunha das dúas cabinas do futurista ascensor Halo, que parou á metade do percorrido, a uns 25 metros de altura.

O 112 Galicia confirmou a EFE que ás 18:15 horas recibiron aviso dun particular que comunicaba que quedaran encerrados no ascensor.

Segundo o seu testemuño, pulsaran o botón de emerxencias, pero sen obter resposta, e levaban dez minutos dentro, aínda que precisaba que ninguén necesitaba asistencia médica.

Na cabina estaban seis adultos e tres nenos e na rúa e o miradoiro que coroa os ascensores formáronse colas para subir ao outro elevador.

O 112 deu aviso aos bombeiros de Vigo, á Policía Local e a Protección Civil.

O Halo comezou a funcionar hai quince días e permite salvar unha pendente de 50 metros e evitar un percorrido a pé de case dous quilómetros entre García Barbón e Vialia Norte.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade