O trece de setembro celébrase o Día Internacional do Chocolate
Coincide coa data de nacemento de Roald Dahl, autor de Charlie e a Fábrica de Chocolate
Propoñémoslles un exercicio de imaxinación: Pensar, como fixo Forrest Gump no filme de Robert Zemeckis, que a vida é coma una caixa de bombóns. Non sabemos que nos vai deparar, pero si que o chocolate estará aí para axudar a facernos o camiño moito máis agradable.
"Un pracer, un pracer un pouco culpable ás veces, pero pracer ante todo".
O trece de setembro conmemórase o nacemento do escritor británico Roald Dahl, autor de Charlie e a Fábrica de Chocolate. E celebramos o Día Internacional do Chocolate.
"Un día, dous ou unha semana se queres, porque algo tan doce e tan rico ben o merece".
"Encántame, delicioso. Quente ou frío, en todas as versións está riquísimo".
Delicioso e con propiedades antioxidantes. Libera endorfinas, proporciona enerxía e mellora a capacidade cognitiva. Mellor canto máis puro e –sentimos dicilo– sempre con moderación.
"Intento non abusar, pero se hai na casa, sempre se colle".
"Algún vicio hai que ter".
Gocen do día, sen remordementos.