Os máis chocolateiros celebran o día dun alimento que esperta paixóns
Cada español consome unha media de 5,5 quilos ao ano de cacao e chocolate
Segundo a Asociación Española do Doce (Produlce), cada cidadán consome de media uns 5,5 quilos de cacao e chocolate ao ano. Na maioría dos casos optan por comelo en tableta. A segunda opción preferida e desfrutalo soluble ou en cunca. Con todo estamos por baixo da media europea en consumo de chocolate.
Poucos alimentos espertan a mesma paixón e os mesmos sorrisos que o chocolate, pero tamén abre debates entre os que o defenden que o máis puro e con menos azucres axuda o cerebro e o corazón e os que denuncian que en moitos casos leva grandes cantidades de graxas prexudiciais.
O chocolate e o cacao representan o 30% dos doces que se consomen en España. Un alimento cunha facturación demáis de 1.700 millóns de euros e que xera máis de 6.500 postos de traballo.