Publicador de contidos

Publicador de contidos

Subida histórica das pensións e dos soldos dos funcionarios en Portugal

Subida histórica das pensións e dos soldos dos funcionarios en Portugal

O Goberno quere adaptar as pensións á forte inflación

Os sindicatos piden que o aumento de salario nos funcionarios comece canto antes

Alberto Mancebo 22/06/2022 14:04

En Portugal o primeiro ministro anunciou un aumento histórico das pensións e dos salarios públicos. O obxectivo é facer fronte a inflación. António Costa confirma que se equilibrarán as cantidades que perciben os pensionistas de acordo coa inflación e que mellorarán os salarios dos funcionarios o vindeiro ano.

Todo isto forma parte da intención do executivo de subir o soldo medio do país un 20 % ata 2026.

Pola outra banda, os sindicatos piden que os salarios dos funcionarios suban xa este ano para compensar a inflación tan acusada e convocaron folgas e manifestacións.

A proposta do primeiro ministro ten que ir ao parlamento primeiro pero lembremos que aquí Goberno socialista ten maioría absoluta e dáse por feito que sairá adiante nos termos que eles teñen deseñados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade