Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sortean un ovo de Pascua xigante na Coruña

Sortean un ovo de Pascua xigante na Coruña

Ten dez quilos de chocolate e preto de metro e medio de lonxitude

G24.gal 04/04/2023 14:32

Ten dez quilos de chocolate e máis de metro e medio de lonxitude. Así é o ovo de Pascua que estes días na Coruña acapara todas as miradas. 

Di a dona do establecemento no que se atopa que "está taxado nuns 300 euros. Así que vendelo sería complicado. Tería que ser un padriño moi bo".

E por iso nada mellor que sortealo. A primeira vez que o fixo, hai oito anos e hoxe para moitos xa é toda unha tradición.

O monumental doce acabará nas mans daquel que merque unha participación de tres euros e resulte agraciado no sorteo que se vai celebrar o xoves.

Aínda quedan participacións dispoñibles para facerse con este ovo de Pascua xigante que estes días xa está na boca de todos, aínda que polo momento tan só en sentido figurado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade