Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Concello instalará sonómetros en Cangas para loitar contra a contaminación acústica

O Concello instalará sonómetros en Cangas para loitar contra a contaminación acústica

Colocará tres controis nas rúas que rexistran mais concentracións de xente

Segundo os datos, limitarase a activide ou imporanse multas de entre 300 e 6.000 euros

G24.gal 15/05/2025 14:40

Que ocio, negocio e descanso convivan sen problemas. Iso é o que busca o Concello de Cangas coa instalación de tres sonómetros que medirán o ruído nas rúas con máis queixas e crear o que se chaman 'zonas acusticamente saturadas'.

Segundo Antón Iglesias, concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente de Cangas, "queremos instalar estes aparatos, os sonógrafos, para ir monitorizando, mesmo previamente á aprobación da ordenanza, comprobar se efectivamente existen esas zonas acusticamente saturadas, en que medida o están para cando se aprobe a ordenanza, poder declaralas ou non en función desa saturación sonora".

Os sonógrafos instalaranse nas rúas e prazas máis ateigadas de xente e permitirán recompilar datos para poder tomar medidas. A regulación afecta tanto ao ruído nas rúas coma en comunidades de veciños, industrias e calquera outra actividade. Haberá sancións económicas de entre 300 e 6.000 euros, e tamén servirá para limitar actividades nas zonas mais saturadas. Na rúa os veciños recoñecen o dereito ao ocio, pero tamén ao descanso de todos. 

Dende o Concello e mesmo na rúa recoñecen que houbo tempos moito peores, e que cada vez hai menos queixas polo ruído... A maior parte non son contra os locais de ocio, senón pola xente que está na rúa, ás portas dos establecementos. Os límites serán diferentes segundo a hora do día, sendo o máis restritivo o tramo entre as once da noite e as sete da mañá. Un dos casos máis polémicos sobre contaminación acústica en Cangas é o das campás da igrexa, que poderían quedar no capitulo de avisos sonoros que están permitidos, pero restrinxindo os decibeis.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade