Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os condutores españois son os que máis tocan a bucina

Os condutores españois son os que máis tocan a bucina

Máis do 60 % admiten abusar da bucina, fronte o 47 % de media europea, segundo o Barómetro Europeo da Condución Responsable

Un 77 % supera o límite de velocidade e máis dun 43 % realiza adiantamentos pola dereita
 

G24.gal 28/05/2025 14:17

Tocar a bucina excesivamente é o comportamento incívico máis estendido entre os condutores españois, fronte a outros países europeos, aínda que nos custe recoñecelo.

"É mentira. Tócano máis en Italia". "En Madrid, bucina por todos os lados. Aquí non tanto". "Vai por zonas. En Pontevedra máis". "Sen razón aparente, hai moitos condutores que pitan", comentan varios condutores.

O 60 % admite que abusa da bucina, aínda que o xustifican por cuestións de seguridade.

"Eu non toco a bucina por tocar. Cando vexo unha irregularidade ou para chamar a atención", asegura un condutor.

Tamén delata esta enquisa a imprudencia nos adiantamentos. O 43 por cento recoñece telo feito algunha vez pola dereita nas autoestradas, dez puntos máis que no resto de países participantes.

O que imos mellorando, lixeiramente, é a distracción ao volante. Tanto no uso de móbiles como á hora de manipular o navegador en marcha. "Xa o poño antes de saír da casa". "O do móbil debiamos estar concienciados a estas alturas de que é moi perigoso", sinalan dúas condutoras.

Na consulta participaron doce mil condutores de once países europeos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade