Cargando resultados...
Morre atropelada nun paso a nivel do tren en Monforte
O tráxico suceso obrigou a cortar o tráfico ferroviario entre Monforte e Ourense durante varias horas

G24.gal
18/07/2025 09:14
Atropelo mortal nun paso a nivel de Monforte de Lemos. Por causas que se investigan, unha muller duns 70 anos foi atropelada por un tren de mercadorías que ía en dirección á estación de ferrocarril da cidade do Cabe. Aconteceu á primeira hora da tarde deste xoves.
O tráxico suceso obrigou a cortar o tráfico ferroviario entre Monforte e Ourense durante varias horas. A circulación quedou restablecida contras as seis da tarde.