Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta insta ao Goberno a rescatar canto antes a AP-9 e eliminar as peaxes

A Xunta insta ao Goberno a rescatar canto antes a AP-9 e eliminar as peaxes

G24.gal 18/07/2025 09:19

A Xunta de Galicia insta ao executivo central a rescatar xa a autoestrada do Atlántico e eliminar as peaxes, algo que tamén reclama a asociación En Colectivo, que presentou a denuncia sobre este tema en 2019. 

Así o dixo a conselleira de Infraestruturas María Martínez Allegue logo de coñecerse o ultimato da Comisión Europea polo incumprimento nas prórrogas da concesión.

Pola súa banda, o presidente de En Colectivo, Diego Maraña, asegurou: "É un apoio rotundo ao noso traballo. Bruxelas dános a razón: o que se fixo coa AP-9 foi un escándalo xurídico que levamos pagando os galegos máis de 40 anos".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade