Publicador de contidos

Publicador de contidos

Protestan polos continuos ruídos da depuradora de Cangas

Protestan polos continuos ruídos da depuradora de Cangas

Piden pantallas acústicas para reducir o impacto sonoro

G24.gal 27/05/2025 13:28

Viven co constante zunido dos motores da depuradora de augas residuais de Cangas. Así é a vida dos veciños de Areamilla e Punta Balea desde hai un cuarto de século. Por iso toman a broma cando o Concello pon multas aos que fan ruído as fins de semana ou prohibe o uso das campás da vella Colexiata. A planta soa durante todo o día con picos de motor durante a noite e momentos puntuais do día. Os veciños só tiveron un respiro o día do apagamento.

Dependendo do vento tamén senten certo fedor. Pero o que máis sorprende aos que viven nesta contorna é que noutros lugares do concello o Concello apostou polo ruído cero poñendo multas polos bares de copas ou restrinxindo o son das campás.

Os veciños apostan polos paneis acústicos como se fai nas autoestradas, unha idea que o Concello está a avaliar coa concesionaria e despois de facer medicións cunha empresa de enxeñería.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade