A Coruña regula por primeira vez o uso dos areais
Prohibidos os altofalantes e acceder con cans ás praias, agás á de Bens
A ordenanza abre a posibilidade de declarar zonas sen fume nos areais
A nova ordenanza municipal de praias non prohibe o uso total dos altofalantes, pero si no caso de que o volume estea excesivamente alto ao amole as persoas que están arredor.
"Perfecto, a min gústame moito o rock e non veño coa música a todo meter". "Hai moita xente amargada, eu vexo fenomenal que poñan música".
Regúlase tamén a presenza dos cans durante a temporada de verán. Só poderán acceder á praia canina de Bens.
"Os cans non poden ter os mesmos dereitos que as persoas. Xa van a todo: aos restaurantes, ás tendas, á praia. Non o vexo ben".
E ben é sabido que a convivencia entre bañistas e deportistas non sempre é cordial... Así que as actividades ou xogos con pelotas deberán practicarse a unha distancia mínima de 10 metros cando a dimensión do areal así o permita.
"A min xa me teñen dado un balonazo".
Amais ábrese a posibilidade de declarar zonas sen fume.
"Iso si que o vexo ben porque amolan moito".
Con todo, esta ordenanza deberá someterse a aprobación inicial no próximo pleno e despois abrirase un período de exposición pública de 30 días hábiles. E unha vez finalizado, estudaranse as alegacións. Polo que non estaría en funcionamento ata dentro dun par de meses.
A nova normativa que busca compatibilizar un uso racional e sostible nas praias, foi elaborada tras un proceso de consulta cidadá en que se recibiron preto dun cento de achegas.