Publicador de contidos

Publicador de contidos

Son necesarios os controis de seguridade antes de subir ao AVE?

Son necesarios os controis de seguridade antes de subir ao AVE?

O debate abriuno nas redes o presidente de Renfe polas incomodidades e as demoras que provocan

G24.gal 14/02/2025 14:08

Para os que viaxan en tren de alta velocidade, un dos inconvenientes é ter que pasar polos controis de seguridade, coa incomodidade e o tempo que iso supón. Pois ben, eses controis poderían ter os días contados. O presidente de Renfe abriu este debate nas redes, aínda que a decisión ten que tomala o Adif. 

"Este é un debate interesante. Conta a lenda que os controis no AVE se estableceron co Madrid-Sevilla cando eramos o escaparate do mundo, nada podía saír mal e quería parecer doutro status como era o avión… pasaron máis de 30 anos".

Un chío do presidente de Renfe, Álvaro Heredia, abriu o debate sobre o control de equipaxes antes de montar nun AVE. Foi a raíz da opinión dun enxeñeiro e profesor de ferrocarrís que considera que son molestos, saen carísimos e non hai unha norma que o obrigue. Para evitar demoras polas ringleiras que se forman foi preciso instalar escáneres de reforzo nas estacións galegas, onde os viaxeiros non deixan de medrar.

Á falta de normativa, é Adif quen aplica os seus criterios de seguridade. A preguntas deste medio, non quixo aclarar se teñen sobre a mesa eliminar estes controis.

Os controis de seguridade antes de subir nun tren, en Europa, só se fan en España, e non en todas as estacións, é no Eurostar que une Londres con París.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade