Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sol e calor en Ourense con temperaturas de 35 e 36 graos na conca do Miño-Sil

Sol e calor en Ourense con temperaturas de 35 e 36 graos na conca do Miño-Sil

A máxima de Galicia rexistrouse na estación meteorolóxica da Portela, no concello ourensán de Vilamartín de Valdeorras

A calor tornouse abafante nas localidades bañadas polo Miño, onde rozaron os 35 graos, por exemplo, en Leiro e na Arnoia, e os 34 en Castrelo de Miño ou os 33 de Verín

Mentres chega a borrasca e as chuvias o tempo de verán resístese a marchar 

A cidade de Ourense pasou a fin de semana a 35 graos.
G24.gal 11/09/2022 21:55 Última actualización 11/09/2022 22:10

Nunhas horas chega a borrasca, pero a tarde deste domingo quedou solleira e calorosa. Nalgúns puntos do interior, a calor mesmo se tornou abafante. A temperatura máxima de Galicia rexistrouse, unha vez máis, na provincia de Ourense, con 36 graos en Vilamartín de Valdeorras.

Calor en Ourense, 37 graos ao sol, 35 á sombra. Os turistas que visitaban a cidade este domingo descubriron tamén a calor ourensá, en setembro.

Sen a praia e agardando a desexada chuvia prevista, a partir deste luns.

Con bo humor e resignación levan algúns as temperaturas abafantes desta fin de semana. Nas localidades da conca do Miño ourensán rozaron todas os 35 graos.

A 34 graos no encoro de Castrelo de Miño moitos aproveitaron para os últimos ou penúltimos baños e paseos do verán.

Pero non foi neste val onde se rexistraron os 36, a temperatura máxima de Galicia foi no val do Sil no municipio de Vilamartín de Valdeoorras, un dos puntos máis quentes deste verán, o máis caloroso da nosa historia.

Moitos aproveitaron o encoro de Castrelo de Miño para bañarse e pasear.
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade