Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sobe un 5 % o prezo dos billetes do autobús urbano en pleno conflito de Vitrasa

Sobe un 5 % o prezo dos billetes do autobús urbano en pleno conflito de Vitrasa

Empresa e representantes dos traballadores retomaron hoxe as negociacións que comezaron onte cun mediador

G24.gal 06/02/2024 14:23

En Vigo segue enquistado o conflito laboral entre os traballadores do bus urbano e a empresa concesionaria: este martes retomaron as negociacións, que onte remataron sen acordo. Entre tanto, os viaxeiros víronse sorprendidos por unha suba do billete do 5 %. 

Os usuarios do bus urbano de Vigo levaron hoxe a sorpresa de que o billete subiu 8 céntimos. Moitos nin se decataron, sobre todo os usuarios da tarxeta PassVigo, que non o notan directamente no peto, pero para os que o billete pasou de 0,49 a 0,53 euros. 

Son moitos os usuarios do bus urbano en Vigo que aínda non se decataron de que subiu o prezo. Outros si, e amosan o seu descontento. Hai usuarios máis receptivos á suba dun 5 % do billete, que pasa de 0,49 a 0,53 no caso dos que teñen a tarxeta PASS Vigo. Os usuarios de Vigo sofren dende hai mais de dous anos o conflito laboral en Vitrasa.

Hoxe ás nove e media da mañá a empresa e os representantes dos traballadores retomaban as negociacións que comezaron o pasado luns nun céntrico hotel de Vigo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade