Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sobe a demanda dos menús especiais de Nadal para levar á casa

Sobe a demanda dos menús especiais de Nadal para levar á casa

Cada ano son máis as familias que prefiren aforrar traballo na casa

G24.gal 24/12/2021 20:28

Día de moito traballo nas empresas de cátering. Preparan os menús que se van servir nas mesas dalgúns fogares para celebrar estas datas. Este servizo ten cada vez unha maior demanda.

"Este ano houbo un incremento de pedidos. A xente perdeulle medo á venda en liña e é un servizo moi cómodo. A xente pode sentar á mesa, non ten que facer esforzos e pode gozar do menú", comenta Xavier Freire, Administrador de Airas Cátering.

Pratos que se degustarán nos fogares, cada ano aumenta a demanda deste servizo.

"Houbo moita demanda e moita encarga. Xa que as ceas se anularon, polo menos retomamos os pratos para levar á casa. Foi o mellor ano desde que estou eu aquí, hai 38 anos. Espero que o 31 sexa parecido. Para iso estamos, para facer felices as familias", explica Eduardo Paz- Propietario do restaurante Paz Nogueira.

Co produto galego que temos e cun bo cociñado, o éxito é seguro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade