Publicador de contidos

Publicador de contidos

Simeone, sobre o Dépor: "É un equipo valente, poderoso no contragolpe"

Simeone, sobre o Dépor: "É un equipo valente, poderoso no contragolpe"

Koke Resurrección, Clement Lenglet e Nico González son baixas para Riazor

G24.gal 12/01/2026 14:00 Última actualización 12/01/2026 14:07

Diego Simeone, adestrador do Atlético de Madrid, ultimou este luns a preparación do seu equipo para os oitavos de final da Copa do Rei contra o Deportivo da Coruña sen Koke Resurrección, no ximnasio por precaución debido a unha sobrecarga; Clement Lenglet e Nico González, que seguen coa recuperación das súas respectivas lesións. Son as tres baixas para o partido deste martes en Riazor, no que pode estar dispoñible Pablo Barrios, que completou a súa segunda sesión co grupo, pendente de se entra xa na convocatoria ou espera ao encontro do próximo domingo en liga contra o Alavés, tras perder o duelo ante o Real Madrid do pasado xoves na Supercopa de España.

Simeone tivo boas palabras para o equipo de Hidalgo:

"É un equipo valente, poderoso no contragolpe, eliminou o Mallorca..., será difícil".

Tanto Pablo Barrios como o resto do equipo, co citadas tres ausencias, estiveron baixo as ordes de Simeone para o adestramento matutino no Centro Deportivo de Majadahonda, o último antes de desprazarse este martes ao mediodía á Coruña en avión.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade