Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta recupera a solvencia en Balaídos (2-0)

O Celta recupera a solvencia en Balaídos (2-0)

Hugo Álvarez e Iago Aspas marcaron os goles do conxunto vigués

Fer López foi titular pero tivo que retirarse mancado antes do descanso

O Mallorca xogou con dez o último cuarto de hora por expulsión de Raíllo

G24.gal 06/12/2024 20:40 Última actualización 06/12/2024 22:52

Hugo Álvarez foi un dos protagonistas do partido logo de abrir o marcador cun gran gol, pero o canteirán restoulle mérito: "Chegoume o balón á área, e sabía que había que rematar a xogada, que é o que me piden. Por sorte, acabou en gol".

Pola súa banda, Vicente Guaita pensa xa no vindeiro partido en Sevilla: "Hai que pensar xa no Pizjuán, porque temos que sacar puntos xa fóra da casa. En Sevilla intentaremos darlle a volta á situación".

O porteiro valora o grupo creado este ano no equipo: "Hai unha mestura de novos e vellos, e os novos están medrando, e dándolle ilusión á xente porque son canteiráns, e iso é moi bonito".

Minuto a minuto

Chega a Balaídos un dos equipos máis sólidos desta primeira volta do campionato. O Mallorca é o sexto clasificado e gañou catro partidos como visitante. Pero recibiu entre semana unha goleada diante do Barcelona. O Celta quere ser o conxunto temible que adoita amosarse en Balaídos. Agardamos un gran partido!!!!

Aquí temos o equipo do Celta cunha bomba. A titularidade de Fer López despois das boas prestacións no partido de Copa en Salamanca no que marcou dous goles. 

1

Asubía De Burgos Bengoetxea, partido en xogo!!!

5

Proba sorte Ilaix Moriba desde lonxe. Saiu preto do longueiro o primeiro intento do Celta

7

Remate de Larin que chapa en dous tempos Guaita

22

Partido xogado de poder a poder pero moi trabado. Ningún dos dous é capaz de xerar perigo na área contraria

24

Centro de Mingueza moi complicado de executar pero atrapa o porteiro mallorquín

32

1-0 GOOOOOOL DO CELTA. Marca Hugo Álvarez cun gran remate que entra por toda a escadra!!!!!

39

Cabezada de Raíllo á saída dun córner e boa parada de Guaita

40

Problema no xeonllo para Fer López. Sufriu unha escordadura moi forte e non pode continuar no partido. Agardemos que non sexa nada grave

42

Remata Larin, volve parar Guaita, decisivo nestes intres. Fer López non pode seguir e o Celta está a notar a inferioridade numérica no campo

43

Non agarda Claudio ao descanso e mete a Iago Aspas para os últimos minutos da primeira parte. Desgraza na estrea de Fer López

45+2

Lanzamento de falta de Aspas que se marcha á dereita da porta do Mallorca. Remata a primeira metade en Balaídos co gol de Hugo Álvarez e a lesión de Fer López

46

Comeza a segunda metade!!

49

O primeiro achegamento é para Larin, cunha cabezada que se vai arriba

53

Outra xenialidade de Hugo Álvarez cun gran caneo pero o remate marcha desviado

58

Boa acción combinativa do Celta á que só lle falta o remate. O rexeite chega a Beltrán que remata alto

65

Marchan Borja Iglesias e Swedberg. Ao campo Alfon e Douvikas

66

Alfon!!!! Deixada de Hugo Álvarez e o remate de Alfon vaise fóra por moi pouco

72

Aspas tenta sorprender desde lonxe pero o coiro acaba nas mans de Greif

78

Queda con dez o Mallorca. Raíllo toca coa man e evita que Douvikas quede só diante de Greif

82

2-0 GOOOOOOOL DE ASPAS!!!!!! Inicia Iago, centro cara Douvikas e o de Moaña que viña acompañando a xogada acaba marcando

90

Hai sete minutos de engadido pero o Celta ten a situación controlada. Debuta Luca de la Torre neste campionato

96

Acción persoal de Iago Aspas que acaba cruzando en exceso

97

Final do partido en Balaídos con ocasión de Douvikas!!! O triunfo queda en Vigo!!!

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar