Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sexta Copa da Raíña para o Burela

Sexta Copa da Raíña para o Burela

O equipo galego impúxose na final ao Roldán murciano por 3-2

Patricia Ortega (2) e Irene Samper marcaron os goles do Burela

G24.gal 30/04/2023 15:10

O Burela Pescados Rubén continúa co seu idilio coa Copa da Raíña. En Boadilla acadaron a sexta Copa, quinta conseguida de xeito consecutivo. Impuxéronse na final ao Roldán murciano por 3-2. 

Patricia Ortega marcou o único gol que se viu na primeira parte. A ex xogadora do Roldán repetiría ao pouco de principiar a segunda pero o Burela viu como nun afortunado tanto as rivais eran capaces de meterse no partido. 

A internacional Irene Samper anotou o 3-1 no minuto 36, un gol que parecía dar a tranquilidade definitiva. Pero outro afortunado gol do Roldán marcado en propia porta por Dany deulle emoción ao encontro. A vinte segundos do final apareceu Jozi para salvar a prórroga cunha grande intervención e o título viaxou cara a Burela. 

Este de 2023 engádese ao palmarés dun club que xa celebrara as Copas de 2013, 19, 20, 21 e 22.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar