Publicador de contidos

Publicador de contidos

O aceite de Quiroga reivindica a súa calidade a través dunha mostra

O aceite de Quiroga reivindica a súa calidade a través dunha mostra

A feira realza un produto elaborado con variedades autóctonas exclusivas da zona

 

G24.gal 21/04/2024 17:57 Última actualización 21/04/2024 20:58

O aceite de Quiroga reivindica o seu oco como produto de calidade. E nada mellor que facelo cunha mostra na que degustalo no propio padal.

A feira do aceite de Quiroga desenvólvese desde hai 24 anos e está recoñecida de interese turístico. Na mostra participan os sete produtores da zona, que reivindican que teñen "unhas oliveiras autóctonas, que só as hai na zona de Quiroga e Ribas de Sil".

O evento tamén ofrece a oportunidade de coñecer un muíño onde se elabora o aceite de xeito tradicional. Unha forma de achegarse a un produto peculiar e de calidade. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade