Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sergio Ramos non volverá xogar coa selección española

Sergio Ramos non volverá xogar coa selección española

O novo seleccionador anuncioulle que non ía volver convocalo

Ramos, con 180 partidos, é o xogador que máis veces vestiu a camisola vermella

G24.gal 23/02/2023 20:45

Sergio Ramos anunciou o seu adeus á selección española. Un adeus obrigado, porque Luis de La Fuente, o actual seleccionador, comunicoulle que non conta con el nin vai contar nun futuro, independentemente do nivel que poida mostrar ou de como continúe a súa carreira deportiva.

Así o anunciou o futbolista a través dun comunicado. Campión do mundo e de dúas Eurocopas, Sergio Ramos móstrase triste e desconforme coa decisión do seleccionador e recorda orgulloso ser o xogador español con máis internacionalidades. Un total de 180 encontros en que anotou 23 goles.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade