Publicador de contidos
Publicador de contidos

Serafín González: "Hai que procurar ir cara a unha paisaxe mosaico no monte"

Serafín González: "Hai que procurar ir cara a unha paisaxe mosaico no monte"

O presidente da Sociedade Galega de Historia Natural di que hai que apostar por un modelo forestal mixto e pola gandeiría extensiva

G24.gal 11/08/2022 09:45 Última actualización 11/08/2022 10:47

O presidente da Sociedade Galega de Historia Natural atribúe a proliferación de incendios forestais a dúas causas principais: o abandono do rural e o mal uso do lume como ferramenta de traballo agrogandeira.

Nunha entrevista na Radio Galega, Serafín González avogou por un pacto político contra os incendios que aposte pola ordenación do territorio indo cara a unha "paisaxe mosaico en que non haxa grandes masas continuas de vexetación forestal que sexa fácil queimar. Hai que apostar por un modelo forestal mixto, pero tamén gandeiro en extensivo". González explica a importancia de que o gando consuma o exceso de biomasa que alimenta o lume.

O presidente da SGHN reclama tamén campañas de concienciación cidadá sobre as consecuencias dos lumes: os incendios provocan máis secas, que á súa vez alimentan novos incendios.

Tamén aposta por potenciar as medidas que atrasen o cambio climático. Neste sentido, aplaude as medidas aprobadas polo Goberno para reducir o consumo enerxético e fai novas propostas: "A iluminación das cidades está mal planificado. Os coches teñen obriga de ter luces, a miña pregunta é por que os farois están iluminando un terceiro piso ou o centro da calzada, no canto de iluminar as beirarrúas e os pasos de peóns. Simplemente baixando á metade a altura das farois redúcese un 75 % o consumo de enerxía necesario para iluminar a rúa".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar