Publicador de contidos

Publicador de contidos

Seis mortos e 294 feridos tras dous novos terremotos en Turquía

Seis mortos e 294 feridos tras dous novos terremotos en Turquía

A provincia de Hatay é unha das once que hai dúas semanas quedaron devastadas polos terremotos de magnitude 7,7 e 7,6 que demoleron miles de edificios, causando a morte de polo menos 41.000 persoas e feridas a máis de 105.000

 

Os traballos de procura de sobreviventes destes dous novos sismos continúan en Defne e en Samadang
G24.gal 21/02/2023 10:25 Última actualización 21/02/2023 10:49

Polo menos seis persoas morreron en dous novos terremotos de magnitude 6,4 e 5,8 que ocorreron nas últimas horas na provincia turca de Hatay. O Ministerio de Sanidade indicou que outras 294 persoas quedaron feridas.

O principal tremor produciuse no distrito de Defne, ao sur da cidade de Antioquía, na provincia de Hatay, unha das once que hai dúas semanas quedaron devastadas por dous sismos que causaran a morte de polo menos 41.000 persoas e feridas a máis de 105.000.

Os traballos de procura de sobreviventes destes dous novos sismos continúan en Defne e en Samadang, onde tivo o seu epicentro o segundo tremor, tres minutos despois do primeiro, cunha magnitude de 5,8.

O ministro de Sanidade, Fahrettin Koca, sinalou que 18 dos 294 feridos contabilizados estaban están en estado crítico.

Tamén preocupa a estabilidade de varios encoros de auga na rexión, que xa sufriran danos estruturais nos tremores do pasado día 6, aínda que desde o Goberno sinalouse que non hai, de momento, risco de colapso.

Os novos tremores causaron escenas de pánico e as autoridades locais pediron o envío urxente de tendas de campaña, xa que a poboación non quere regresar ás súas vivendas por temor a novas derrubas de edificios.

Varios edificios colapsaron e non se sabe se había xente no seu interior. Algúns veciños refuxiáronse do intenso frío nos restos das construcións danadas nos terremotos de hai dúas semanas, e reclamou desesperadamente o envío de tendas de campaña para aloxar a poboación.

Desde o sismo do pasado día 6, ningún dos edificios en Antioquía é aínda habitable, pero hai equipos de traballo de rebo que poden ser atrapados por algún esborralle.

Ademais, moitos sobreviventes teñen o hábito de reunirse arredor de cacharelas diante dos edificios derrubados para axudar na identificación de cadáveres, e poden estar en risco se se esborralla algún edificio veciño que aínda quede en pé.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade