Segunda vaga de gripe en plena primavera
A elevada protección que tivemos durante dous anos pola pandemia e a prevalencia da covid sobre os outros virus poderían explicar este retardo
Sempre houbo casos, pero non tantos coma este ano. Os expertos coinciden no inusual da segunda vaga de gripe que estamos a vivir en plena primavera. Unha vaga que provocou un notable incremento na afluencia a centros sanitarios e tamén ás farmacias.
A sobreprotección que nos deron as máscaras durante a pandemia e tamén o clima deste ano poden estar detrás desta vaga. Algúns médicos suxiren cambios porque din que a gripe cada vez chega antes e remata máis tarde.
Malia que a incidencia en Galicia desta segunda vaga está a ser menor ca no conxunto de España, só na primeira quincena de abril tiveron que ser hospitalizadas preto de 50 persoas. No conxunto da campaña superan xa as 1.400.