Publicador de contidos
Publicador de contidos

Scrubb pide igualar "a enerxía e o físico" do Manresa

Scrubb pide igualar "a enerxía e o físico" do Manresa

O canadense é o xogador da liga que máis minutos está en pista, cunha media de 32 por encontro

G24.gal 11/04/2024 12:14 Última actualización 11/04/2024 13:15

O internacional canadense Thomas Scrubb, xogador do Monbus Obradoiro, considera fundamental que o seu equipo sexa capaz de igualar “a enerxía e o físico” do Baxi Manresa para sumar un triunfo vital para lograr a permanencia na liga Endesa no duelo que ambos disputarán este sábado en Santiago.

“Será importantísimo igualar a enerxía coa que xogan eles, e a partir de aí saber controlar o partido, dominar o rebote e evitar que poidan correr porque eles son un equipo moi físico”, manifestou o aleiro.

Scrubb, o xogador da liga que máis minutos está en pista cunha media de 32 por encontro, pediu “pasar páxina” do golpe que supuxo caer na pista do Casademont Zaragoza e centrarse no importante duelo desta fin de semana.

“O noso principal obxectivo pasa por conseguir que o rival senta incómodo sobre a pista, algo que por momentos non conseguimos. Se o conseguimos, creo que as cousas sairán adiante”, afirmou o xogador.

Tamén agradeceu “o apoio” dos seus afeccionados durante a tempada, pero tamén lles pediu que sigan co equipo nestas últimas seis xornadas nas que se xogarán a súa continuidade na elite do baloncesto español.

“Non hai moito que explicar. Ata os últimos dous minutos, o partido estivo moi apertado e de súpeto empezámonos a frustrar, estabamos cansos, e iso pasounos factura”, dixo sobre a derrota no Príncipe Felipe de Zaragoza.

A nivel individual, Thomas Scrubb admitiu atoparse “nun bo momento, pero tamén deixou claro que “de nada” serve que el faga un bo partido se o equipo “non saca as cousas adiante”, xa que se atopan ante a tempada “máis dura” dos últimos anos “non só polos resultados e a clasificación, tamén polos cambios de xogadores”.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos