Cargando resultados...
Sanxenxo ten os hoteis a un 85 % de ocupación no que resta de ponte
G24.gal
16/05/2022 14:54
É o momento da remuda. Este luns marchan os turistas madrileños, porque para eles é o festivo de San Isidro e é o último día non laborable, e chegan moitos galegos que teñen aínda por diante dous días de ponte.
O tempo non acompaña e o paseo e a praia de Silgar amenceron con pouco tránsito, pero en contra do que puidera parecer, a ocupación hoteleira é moi alta. Está por riba do 85 por cento.