A confraría do Rosario celebra a procesión do Santo Enterro en Santiago
Desde os anos sesenta do século pasado tamén forma parte desta procesión a imaxe da Virxe dos Coitelos
As rúas de Santiago acolleron a procesión do Santo Enterro organizada pola Confraría Numeraria do Rosario. Saíu ás 20:00 horas e sacou ás rúas a imaxe do Cristo xacente, desde San Domingos de Bonaval.
O cristo xacente encabeza en Santiago a procesión do Santo enterro desde o século XVI. Máis tarde a figura comezou a percorrer as rúas dentro dunha urna barroca, que instalan sobre un pedestal para que poidan levala a ombros os confrades. Desde os anos sesenta do século pasado tamén forma parte desta procesión a imaxe da Virxe dos Coitelos.
O Cristo é obra de Pedro Taboada; a urna na que xace é obra de Tomás Fontenla e foi ampliada por Bonome en 1955; a Virxe dos Coitelos é unha talla de 1960 de Castor Latexe, e loce un manto regalo da Raíña Isabel II á confraría.