Publicador de contidos

Publicador de contidos

Santiago ultima a proposta técnica sobre o cobro da taxa turística

Santiago ultima a proposta técnica sobre o cobro da taxa turística

O concello da capital galega espera presentar esta semana a súa proposición á Xunta

Santiago busca unha taxa turística aplicable ás pernoctacións
G24.gal 27/03/2023 14:39

"O estudo entregaránolo con toda seguridade esta semana. É un estudo técnico-xurídico que nos dá, que lle pode dar á Xunta o marco legal en que establecer esa norma, pero mentres non recibamos ese estudo tampouco queremos pronunciarnos sobre o seu contido", explica Sindo Guinarte, concelleiro de Turismo de Santiago.

Esta semana a USC rematará o informe técnico que o Concello lle encargou sobre a viabilidade xurídica e económica de implantar unha taxa turística. Este é tan só un primeiro paso.

"Falaremos, loxicamente, unha vez coñecido o estudo, coas asociacións representativas do sector, falaremos cos grupos políticos e trataremos de ver se é posible unha proposta consensuada", apunta Xosé Sánchez Bugallo, alcalde de Santiago.

Dende a Unión Hostaleira Compostela amosan a súa desconformidade co tributo. A Asociación de Hostaleiros, pola contra, estaría de acordo, pero pon condicións: "A primeira, para que se empregarían os cartos recadados, e a segunda, ten que ser moi fácil de cobrar por parte do hostaleiro", di Thor Rodríguez, presidente da Asociación de Hostalaría de Santiago.

O tema, que está xerando moita expectación na cidade, é tan controvertido que nin os propios turistas se poñen de acordo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade