Cargando resultados...
O peirao de Vigo acolleu este sábado dous cruceiros con case 7.000 persoas a bordo
Coincidiron no porto de Vigo o Independence of the Seas, con 2.300 pasaxeiros e 1.300 tripulante, e o Star Hide, con algo menos de 500 pasaxeiros
G24.gal
10/05/2025 21:29
No mesmo peirao de transatlánticos estiveron atracados este sábado dous cruceiros que xa son clásicos no porto de Vigo. O Independence of the Seas, cos seus 2.300 pasaxeiros e 1.300 tripulantes, e o Star Hide, con algo menos de 500 pasaxeiros, encheron de turistas as rúas da zona histórica e do centro de Vigo.
Os turistas que viaxaban nestes barcos foron quen de poñer algo de cor á cidade, que amañeceu cos ceos moi anubrados. Pola tarde abandonaban as augas da ría de Vigo para dirixirse aos seus destinos a través do océano Atlántico.