Publicador de contidos

Publicador de contidos

Operación retorno da ponte do 1 de maio nos aeroportos galegos

Operación retorno da ponte do 1 de maio nos aeroportos galegos

Segundo datos de Aena, este domingo en Galicia estaban programados un total de 118 voos, entre saídas e chegadas

Moitos elixiron o avión para regresar ao traballo e á rutina

 

G24.gal 04/05/2025 21:11

Operación retorno desde os aeroportos galegos, onde este domingo foi un ir e vir de xente e maletas. Rematou a ponte do un de maio e moitos elixiron o avión para regresar ao traballo e á rutina.

"Moi ben, moi ben, a comida espectacular, o malo é o tempo, collemos un día de bo tempo, que foi o xoves, e o resto chovendo pero non pasa nada porque en Galicia sempre hai onde meterse. Vimos todos os anos, regresamos a Lanzarote, á rutina", di unha pasaxeira.

Segundo os datos facilitados por Aena, este domingo en Galicia estaban programados un total de 118 voos, entre saídas e chegadas. Concretamente no aeroporto de Vigo houbo 22 voos, no da Coruña 23 e no que máis no de Santiago, con 73 voos.

"Pasámolo moi ben, vimos un grupo de amigos, gozamos de Galicia que é marabillosa, bela, comemos extraordinariamente ben, bebemos e marchamos moi contentos. Vimos das Canarias e regresamos ás Canarias", engade outro turista.

Uns regresan e outros marchan. Madrid, Barcelona, Bilbao, Lanzarote, Londres ou Dublín... son algúns dos destinos do aeroporto Rosalía de Castro, de Santiago. 

"Estivemos só catro días, o suficiente, levamos cada un catro quilos de máis".

"No tempo tivemos sorte, a previsión daba chuvia e tivemos sol practicamente todo o tempo. Repetimos seguro, vimos todos os anos. Galicia é Galicia e Galicia chámanos", destacan outros viaxeiros.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade