Cargando resultados...
Santiago torna ao ano 1856 para recrear o Banquete de Conxo
Os universitarios compartiron mesa cos obreiros a favor a igualdade e desafiando os poderes da época
G24.gal
25/05/2025 14:52
Última actualización 25/05/2025 19:32
Un desfile teatral percorreu Santiago este domingo, nun regresou a 1856. Grandes señores, obreiros e artesáns escenificaron a división social en estamentos e o xantar de fraternidade coa que os universitarios, fillos de ricos, desafiaron os poderes da época en favor da igualdade.
Aquela comida de unión leva o nome de Banquete de Conxo, o barrio onde tivo lugar e o escenario central desta festa, que gaña adeptos cada ano.
A carballeira que dá acollida ao xantar empezou a recibir os comensais pasadas as dúas e media da tarde. Os comensais ían coa idea de alongar a festa con foliada e romaría.