Publicador de contidos

Publicador de contidos

Santiago recibe un 40 % máis de peregrinos dos que recollen a compostela

Santiago recibe un 40 % máis de peregrinos dos que recollen a compostela

Revélano os sensores cos que a Xunta monitorizou o Camiño

G24.gal 26/04/2025 14:40

O ano pasado a oficina do peregrino concedeu preto de medio millón de compostelas, un 12 % máis que o ano anterior, e neste 2025 xa leva expedido máis de 61.000, o que representa un novo incremento do 6 %.

A peregrinación a Santiago non deixa de medrar e faino incluso por riba do que revela este rexistro. Un sistema de xeolocalización descubriu que a capital galega recibe un 40 % máis de peregrinos que non piden a compostela.

"Fronte a un peregrino que recibe a compostela, hai 1,6 peregrinos que están facendo o Camiño de Santiago", matiza o director da Axencia de Turismo de Galicia.

Os camiñantes repetidores notan o aumento de peregrinos, mesmo os que chegan por rutas antes menos populosas.

O director da Axencia de Turismo de Galicia asegura, porén, que os estudos que veñen facendo non mostran masificación. 

"Cada vez hai unha maior desconcentración e desestacionalización das peregrinacións e son cada vez máis os peregrinos que veñen por vías distintas ao Camiño francés", explica Xosé Manuel Merelles.

A Xunta quere ampliar a monitorización dos camiños para garantir unha boa planificación. Nestes momentos ten doce sensores, en distintas rutas, cuantificando os peregrinos a partir dos sinais dos seus móbiles, e prevé poñer 13 máis este ano. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade