Publicador de contidos

Publicador de contidos

Santiago énchese de mozos para os tres días do Son do Camiño

Santiago énchese de mozos para os tres días do Son do Camiño

Haberá autobuses lanzadeira desde as catro da tarde entre o Gaiás e San Lázaro e entre a Intermodal e a avenida de Casas Novoa

O domingo pola mañá tamén para regresar desde o cámping

Do Arde Lucus ao Son do Camiño: os plans para non quedar na casa esta fin de semana

G24.gal 18/06/2026 14:52

Que este xoves comeza o Son do Camiño é algo que salta á vista. A pé de tren, por exemplo, onde a maioría ten moi claro como chegar ao Monte do Gozo.

"Pensabamos subir en coche pero os autobuses lanzadeiras son moito máis cómodos", comentaba unha rapaza na estación de tren. "Si, hai que camiñar un pedazo ata o Monte do Gozo pero así fas tamén un pouco de deporte", engadía outra.

 Os autobuses, incluídos os urbanos, tamén son os elixidos polos que chegan a Santiago no mesmo tipo de vehículo.

"Subiremos no de liña", díxonos un coruñés nada máis chegar. "Eu prefiro a lanzadeira", apuntaba unha moza de Begonte.

Haberá lanzadeiras desde as catro da tarde entre o Gaiás e San Lázaro e entre a Intermodal e a avenida de Casas Novoa. O domingo pola mañá tamén para regresar desde o cámping.

Haberá tempo de seu para pensar en recoller o campamento. Agora toca gozar da música durante tres días.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade