Bustinduy asegura que 9.000 anuncios de viviendas de uso turístico en Galicia son ilegais
O Concello de Santiago e Consumo pedirán ás plataformas que retiren os anuncios de vivendas turísticas que non acheguen número de rexistro
Avirturga denuncia persecución do concello de Santiago
En Santiago, hai 64 pisos turísticos con autorización municipal, pero o ministerio de Consumo detectou que están operando máis de 400. E entrégalle ao Concello un arquivo con datos de 221 destas vivendas para que poida tomar medidas.
A alcaldesa, Goretti Sanmartin, anuncia que lle pedirán ás plataformas que retiren os anuncios de todos aqueles aloxamentos que non demostren que están operando segundo establece a normativa.
En Galicia, Consumo identificou 9.000 vivendas turísticas que non achegan o número de rexistro. E nos próximos días faranlle chegar á Xunta estes datos.
O ministro Bustinduy convida a Administración galega que non mire para outro lado. Desde o Goberno autonómico negan pasividade e poñen datos enriba da mesa. O director da Axencia de Turismo de Galicia asegura que o ano pasado pecharon 24 vivendas turísticas en Santiago e que este ano "xa levamos cincuenta".
A asociación de vivendas turísticas de Galicia denuncia persecución e alerta sobre a teoría de que pechando vivendas turísticas baixarán os prezos do alugueiro tradicional. Sostén Aviturga que os pisos turísticos tamén axudan a dinamizar o comercio local.