Publicador de contidos

Publicador de contidos

A anulación do rexistro de vivendas turísticas avanza unha avalancha de reclamacións

A anulación do rexistro de vivendas turísticas avanza unha avalancha de reclamacións

O Tribunal Supremo aclara que a competencia lle corresponde ás comunidades autónomas

G24.gal 22/05/2026 14:35

Foi unha das medidas clave do Goberno para o control das vivendas turísticas. Agora, o Tribunal Supremo anula o rexistro único en que debían inscribirse os alugueiros de curta duración e aclara que é unha competencia das comunidades autónomas. Desde o executivo, advirten.

"Aqueles que levantan a man para dicir que son competentes, agora teñen que ser resolutivos", di a ministra de Vivenda, Isabel Rodríguez.

Un trámite para os alugueiros turísticos que en Galicia vén funcionando desde hai 10 anos.

"Aí están todos os datos que teñen que ter estes establecementos turísticos. Nós desde o priemeiro momento viamos unha invasión de competencias", asegura José Merelles, director da Axencia Turismo de Galicia.

A partir de agora as plataformas dixitais non poderán esixirlles aos propietarios o número de rexistro estatal. Aínda que deberán seguir compartindo os datos de reservas e da propiedade. Os afectados estudan agora a reclamación de danos.

"Moitísimas accións xudiciais intentando recuperar o que é de cadaquén. É unha regulación que foi errónea desde o principio", avanza o vicepresidente de Aviturga, Rafael Serrano. 

Esta anulación non afecta ao control veciñal das vivendas. Seguirá sendo unha obriga contar co aval expreso da comunidade de propietarios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade