Publicador de contidos

Publicador de contidos

Santiago, ateigado no día grande da Ascensión

Santiago, ateigado no día grande da Ascensión

A feira cabalar de Amio e o baile dos cabezudos, protagonistas da xornada

Na Alameda, as atraccións e os postos do polbo congregan as familias picheleiras

 

G24.gal 29/05/2025 14:42

Tres xoves no ano son, que relocen máis ca o sol, e o da Ascensión é un deles.

Non falta de nada neste día de tradicións compostelás que arrincou de mañanciña coa feira cabalar de Amio e o regateo dos tratantes.

E dos cabalos de Amio aos das atraccións da Alameda. Toca que os pequenos gocen e os maiores rasquen o peto.

Os que non poden faltar neste día son os personaxes máis queridos da Ascensión, os cabezudos, que bailaron pola zona vella ante a mirada dun público multitudinario.

E despois do baile toca tomar o polbo na carballeira de Santa Susana. Aquí prevén cociñar unhas 3 toneladas, a 15 euros a ración. Un ritual que une moito.

E a xornada rematará cun prato forte, o concerto das Tanxugueiras ás nove na praza da Quintana. Un broche de ouro para a festa máis picheleira.

E a xornada rematará cun prato forte, o concerto das Tanxugueiras ás nove na praza da Quintana. Un broche de ouro para a festa máis picheleira.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade