Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sanidade confirma que todos os casos da varíola do mono en España son leves

Sanidade confirma que todos os casos da varíola do mono en España son leves

Este mércores reúnese o Goberno coas comunidades autónomas para analizar a evolución do virus na Interterritorial

G24.gal 24/05/2022 21:39 Última actualización 24/05/2022 22:10

Todos os casos da varíola do mono confirmados en España son leves, segundo constatou este martes a Comisión de Saúde Pública, que analiza a súa evolución.

Non se adoptaron novas decisións sobre o seu seguimento e control, que volverán ser tratados este mércores polo Ministerio e as comunidades autónomas no Consello Interterritorial de Saúde.

O Instituto de Saúde Carlos III detectou un total de 51 casos positivos, dos que 20 están confirmados e o resto agarda os resultados definitivos do secuenciamento. Outros 35 casos sospeitosos xa quedaron descartados.

A comunidade de Madrid comunica 47 casos positivos de varíola do mono, son 11 máis ca onte. Vinte e oito casos descartáronse por PCR negativa. É con moita diferenza a comunidade autónoma con máis persoas afectadas por esta doenza contaxiosa.

Segundo a OMS, os casos confirmados nas últimas semanas en países non endémicos elévanse a 131, con outros 106 sospeitosos. Os países que xa notificaron máis contaxios son España, Portugal e o Reino Unido.

Ata o momento, 17 países confirmaron casos, na súa maioría europeos, aínda que tamén hai contaxios en Paquistán, Israel, O Canadá, Estados Unidos e Australia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade