Publicador de contidos

Publicador de contidos

San Martiño, o último verán dentro do outono, deixa sol e calor nas Rías Baixas

San Martiño, o último verán dentro do outono, deixa sol e calor nas Rías Baixas

Os termómetros marcaron 24 graos ao mediodía en Sanxenxo

G24.gal 12/11/2022 20:30 Última actualización 12/11/2022 20:46

Unha vez pasado o verán de San Miguel, en setembro, este de San Martiño pode ser a última parada no bo tempo antes de entrar na fin do outono e no comezo do longo inverno galego. Nas Rías Baixas o anticiclón deixou este sábado moito sol e temperaturas de ata 24 graos.

Houbo 22 graos no Grove, 23 en Sanxenxo ou 24 ao mediodía en Vigo. O día despois de San Martiño segue sendo verán nas Rías Baixas galegas, o último dentro do outono que só se dá nos países do hemisferio norte, o Indian Summer norteamericano ou o estate de San Martino italiano.

Ceo azul con poucas nubes, temperaturas mínimas normais para novembro, duns 7 graos, e un vento do sur que fixo deste sábado un día ideal para camiñar á beira do mar, parar nas terrazas ou aterrar nunha hamaca.   

O domingo xa non se superarán os 20 graos e unha fronte atlántica deixará máis nubes e choivas intermitentes, especialmente á tardiña. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar