Cargando resultados...
Salvamento Marítimo auxilia os tripulantes dun catamarán que sufriu unha vía de auga en Burela
Os tripulantes da embarcación non sufriron feridas

G24.gal
15/02/2025 09:43
Efectivos de Salvamento Marítimo tiveron que intervir a pasada madrugada ante a emerxencia que sufriu unha embarcación deportiva. Preto das dúas da madrugada acudiron en auxilio dos tripulantes dun catamarán que presentaba unha vía de auga. Segundo informa a Garda Civil finalmente so tiveron que acompañalos mentres dirixían o catamarán cara o porto de Burela. As dúas persoas que ían a bordo resultaron ilesas.