Sae da UCI o mozo acoitelado no barrio coruñés do Ventorrillo
Sae da UCI o mozo acoitelado no barrio coruñés do Ventorrillo
Nas últimas horas tamén foi dado de alta o mozo de 14 anos acoitelado o xoves pasado durante as Festas da Ascensión de Santiago

O mozo agredido este domingo no barrio coruñés do Ventorrillo foi dado de alta na UCI e trasladado a planta no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) onde "evoluciona favorablemente", segundo confirmou fontes hospitalarias.
Os feitos sucederon este domingo sobre as 21:30 horas, na rúa Mosteiro Bergondo. Ao lugar desprazáronse dotacións da Policía Nacional, que atoparon un home que sangraba e presentaba lesións cortantes.
Polo momento non hai ningún detido relacionado co caso e as forzas da orde tratan de esclarecer as causas.
Acoitelamento nas festas da Ascensión
Nas últimas horas tamén foi dado de alta no Hospital Clínico de Santiago o mozo de 14 anos acoitelado o xoves pasado durante as Festas da Ascensión. Os feitos tiveran lugar a contorna da igrexa de Santa Susana, moi preto do lugar onde se concentran as atraccións e as barracas de feira.