Sacrifican para a venda a Miss Vaca Galicia
Cun peso duns 600 quilos en canal, Rubia foi directa ao matadoiro de Montellos, onde será clasificada para a súa venda
A gandería galega perdeu esta semana unha das vacas máis mediáticas do país. Falamos de Rubia, a representante de Pontevedra que conseguiu o título de Miss Galicia 2022 no certame que cada ano organiza o programa Luar de TVG.
O galardón non lle serviu para cambiar o seu destino, polo que, tras pasar polo matadoiro, a súa carne acabará sendo a raíña dos pratos dalgún restaurante.
Nacida e criada na parroquia de Negrelos, en Rodeiro, con trece anos convertíase na vaca máis mediática do ano.
Cun peso de preto de 600 quilos en canal, Rubia foi directa ao matadoiro de Montellos, onde, tras ser sacrificada, será clasificada para a súa venda.
Cren que a carne de Rubia será de gran calidade, se ben o título de Miss non influirá na súa cotización.