Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda ve no termalismo un gran potencial en Ourense, un "novo Xacobeo"

Rueda ve no termalismo un gran potencial en Ourense, un "novo Xacobeo"

Tamén recalca a necesidade de ampliar as infraestruturas de conexión coa Meseta e con Portugal

Rueda participou no Foro La Región, onde lembrou os 350 millóns de euros investidos pola Xunta na provincia 

G24.gal 11/04/2023 20:09 Última actualización 11/04/2023 20:19

O presidente da Xunta asegura que a provincia de Ourense ten potencial como polo de innovación e que o turismo termal pode ser o seu propio Xacobeo. Porén recalca a necesidade de ampliar as infraestruturas de conexión coa Meseta e con Portugal.

Tocaba falar de Ourense no Foro La Región, e o presidente Rueda falou dos 350 millóns de euros investidos pola Xunta na provincia. Ve no termalismo un gran potencial para Ourense o xefe do Goberno galego, no marco do turismo sostible que apoia a Unión Europea, "probablemente sexa o novo Xacobeo", sinala.

Igual que ve a industria ourensá capaz de aproveitar as oportunidades que veñen coa transición ecolóxica e a innovación dixital. Sobre o devalo demográfico, a piques de iniciar viaxe a Venezuela, México e Panamá, sinala no retorno dos emigrantes unha das solucións.

"Xente nova sobre todo, xente formada nos seus países en moitos casos ou, se non, xente que se quere formar aquí e vir aquí xa con esa formación para empezar a traballar nos postos que aquí non somos capaces de cubrir, e aquí hai xente que nos está axudando en todo isto. Polo tanto, iso funciona; volvo dar os datos do ano pasado, o ano 2022:  23.000 persoas retornadas fronte a un saldo vexetativo de 9.000", explicou Alfonso Rueda, presidente da Xunta de Galicia.

Di tamén o Presidente que é mellor incentivar a natalidade e baixarlles os impostos ás familias que falar e falar sen facer nada. Chama a volver á "política normal" para resolver problemas e deixar o espectáculo. 

"Coa política estable, coa política que permite facer cousas. É moi difícil, se non estás centrado e apoiado por xente que di que o que tes que facer é ocuparte dos problemas diarios, é moi difícil poder facer cousas. Pódese estar na lea, pódese estar no espectáculo e pódese estar en chamar a atención todos os días, pero iso normalmente non permite facer moitas cousas", comentou Alfonso Rueda, presidente da Xunta de Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade