Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rubén Domínguez renova por unha temporada co Pontevedra

Rubén Domínguez renova por unha temporada co Pontevedra

O club granate reafirma a súa confianza no técnico ourensán

Na súa primeira temporada quedou fóra das eliminatorias de ascenso de forma polémica

O Pontevedra reafirma o seu compromiso coa "estabilidade, a planificación a longo prazo e a construción dun proxecto que siga ilusionando"

G24.gal 09/06/2026 18:23

Rubén Domínguez seguirá á fronte do Pontevedra unha temporada máis. O técnico ourensán e o seu segundo, Adrián Abalo, ampliaron o seu contrato e traballan xa con vistas á vindeira temporada.

O Pontevedra dálle así continuidade a un proxecto que consolidou "unha identidade competitiva, ambiciosa e aliñada cos valores da entidade", segundo sinala o club nun comunicado. 

Rubén Domínguez conseguiu na súa primeira temporada levar o Pontevedra ás portas das eliminatorias de ascenso, de onde só o sacou unha polémica decisión federativa. Agora afronta o reto de renovar un cadro de xogadores en que só cinco xogadores teñen contrato en vigor. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade