Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rouban seis cabras ananas en Marín

Rouban seis cabras ananas en Marín

A comunidade de montes de San Xulián xa presentou a denuncia

G24.gal 06/09/2023 14:49

Roubo insólito en Marín: levaron seis cabras ananas dunha zona pechada dun monte veciñal. Os ladróns cortaron o valado metálico que rodeaba o predio onde estaban as cabras, a carón do lago castiñeiras. 

Son os usuarios da Fundación Juan XXIII os que alimentan as cabras e deron a voz de alarma ao ver que faltaban seis animais.  A comunidade de montes de San Xulián de Marín, propietarios do terreo e as cabras, sospeitan que os ladróns actuaron en varias ocasións e probablemente de noite, aproveitando que se trata dunha zona illada.

Dende a comunidade lamentan estes actos, que, segundo din, afectan toda a veciñanza. Un exemplar adulto custa uns 70 euros e as crías 120. Para dinamizar a zona querían mercar outros animais e instalalos no recinto, pero recoñecen que estes actos os preocupan.

Eles xa presentaron denuncia na Policía Nacional e agardan que as pescudas dean froito. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade