Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rutas polos bosques terapéuticos para aprender a sentir a natureza

Rutas polos bosques terapéuticos para aprender a sentir a natureza

A Deputación de Pontevedra ofertou 200 prazas para oito percorridos

O Xapón foi pioneiro nestes baños de bosque como unha cura para o estrés

Os participantes na ruta do Lérez sentiron o acougo do bosque de ribeira
G24.gal 03/09/2022 14:52 Última actualización 03/09/2022 16:58

Recuperar a conexión coa natureza e aprender dela e ao seu ritmo. Ese é o propósito das rutas dos Bosques Terapéuticos que a Deputación de Pontevedra desenvolve en diferentes espazos naturais da provincia. 

Volver sentir o acougo da natureza ou coñecelo case de novo porque a vida urbana nos afasta do medio do que deberamos formar parte. Coller alento e camiñar devagar.

Recoñecer árbores ou herbas nas que non reparamos a diario, aprender que a casca dun salgueiro ten as mesmas propiedades curativas ca pílulas habituais e que hai outras especies que fomos esquilmando sen pensar nos que veñen detrás, como recordaba Siegrun Bischof, guía da ruta.

"Para min é sementar saúde e darlle ferramentas ás persoas para poder estar ben, sentirse feliz e parte deste mundo e que se dean conta do valor que imos perdendo ao perder esas xeracións que aínda convivían moito coa natureza".

O Xapón foi pioneiro nestes baños de bosque como medida para combater o estrés e os participantes deste sábado confirmaban o efecto e recoñecían a tranquilidade e a paz que non se atopa na cidade ou os sons que deixamos de escoitar, como o piar dos paxaros. 

A alta demanda destas rutas fixo que a Deputación de Pontevedra aumentara as prazas do programa como confirmou Iria Lamas, deputada provincial de Transición Ecolóxica.

"O balance que facemos foi moi bo. Desde o 2019 foi un éxito total. As prazas esgótanse na primeira media hora. Inicialmente faciámolas con 25 persoas e este ano ampliámola a 30".

En total foron 200 prazas e oito percorridos nos que aprender a mirar arredor doutro xeito. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade