Publicador de contidos

Publicador de contidos

Roi Rodríguez, subcampión de Europa en K4 1000: "O obxectivo téñoo posto en París"

Roi Rodríguez, subcampión de Europa en K4 1000: "O obxectivo téñoo posto en París"

O padexeiro tudense compensou o mal momento do Mundial do Canadá cunha prata en Múnic

G24.gal 25/08/2022 20:14

A covid desbaratou as opcións de Roi Rodríguez no Mundial de Canadá, pero o padexeiro de Tui compensou ese mal trago cunha prata no Europeo. Segundo posto para o K4 1000 español en Múnic. O ramo perfecto para unha temporada distinta. 

"Este ano tomeino con máis relaxación e filosofía. Sabia que se non saian as cousas non pasaba nada. O obxectivo téñoo posto nos Xogos de París", di Roi. 

O selectivo gañado en K2 500 con Carlos Pérez a mediados de xullo deulle aos dous piragüistas o boleto para a frustrada cita mundialista. Esa vitoria é a que lle permite a Roi soñar con que París é unha meta alcanzable. 

 "O resultado no selectivo con Perucho foi un subidón, unha das miñas mellores regatas. Dános a seguridade de que temos un bo barco e que se seguimos traballando podemos conseguilo", asegura convencido. 

Para Roi estes son días de descanso. A temporada arranca nun mes. Unha folla en branco que aborda coas mellores sensacións.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade