Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rexorde a tradición de agasallar con cestas de Nadal

Rexorde a tradición de agasallar con cestas de Nadal

Hai empresas que xa teñen o dobre de encargas que de costume

Triunfa o produto galego delicatessen

Cesta de Nadal
G24.gal 02/12/2021 14:43

 "Son detalles moi agradecidos, como digo eu, aquí sempre acertas, produto rico de comer e beber sempre gusta a todo o mundo", opina Miguel de Matos, comerciante

É posiblemente o único agasallo que non admite devolución e que simboliza o espírito do Nadal. As cestas forman parte dunha tradición que se remonta á Roma clásica e que cobrou forza coa pandemia.

"Aínda coa pandemia non poden organizar as ceas de grupos e queren seguir tendo ese detalle cos empregados e si se están organizando antes", explica Mónica Alonso, comerciante

"Outros anos eran a partir da ponte de decembro e xa levamos case un mes preparando cestas", continúa Miguel


As empresas que as fan notan un aumento considerable das vendas, incluso do 100 %.

Tamén están notando atrasos nas subministracións de mercadorías, sobre todo as que veñen de fóra. Isto obrígaos a cambiar a variedade que vai nas cestas, unha oportunidade para os produtos galegos que ano a ano gañan protagonismo.

 "Cada vez o produto de proximidade é o máis demandado e eu creo que por outro lado é necesario. Hai que apoiar os nosos produtores locais e eu creo que é responsablilidade de todos botarnos unha man", explica Miguel

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar