Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia supera os 100 contaxios diarios por primeira vez en dous meses

Galicia supera os 100 contaxios diarios por primeira vez en dous meses

Segue o aumento dos casos activos e xa hai 844 persoas con coronavirus

Soben os ingresados en UCI e en planta

A Xunta estuda ampliar o certificado covid para frear o aumento de casos

Jessica Fernández 10/11/2021 10:27

Segue o aumento dos casos activos, que xa están por enriba dos 800. En total, hai 844 persoas con coronavirus en Galicia (+46).

Tamén soben os contaxios, que superan os 100. Foron detectados 101 novos casos por probas diagnósticas.

Repartición dos casos activos por áreas sanitarias:

A Coruña: 224 (+24)

Vigo: 119 (+3)

Ourense: 202 (+7)

Santiago: 75 (+3)

Lugo: 68 (+3)

Pontevedra: 79 (+9)

Ferrol: 77 (-3)

Pola súa parte, a ocupación hospitalaria acentúase. Soben as persoas en UCI (+2) e en planta (+1) e xa hai máis de 40 persoas ingresadas, 12 en coidados intensivos e 30 en planta. Con todo, o Sergas non notificou decesos por mor da covid nas últimas 24 horas.

Mapas de incidencia por concellos

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade