Os liberais gañan a primeira volta das eleccións en Polonia e mediranse en xuño cos ultraconservadores
Os liberais gañan a primeira volta das eleccións en Polonia e mediranse en xuño cos ultraconservadores
O alcalde de Varsovia e candidato do primeiro ministro Donald Tusk, obtivo o 31,36 % dos votos
O aspirante nacionalista, apoiado polos ultraconservadores, fíxose co 29,54 % dos sufraxios
A segunda volta das eleccións celebrarase o vindeiro 1 de xuño

A primeira volta das eleccións presidenciais celebradas en Polonia deulles unha lixeira avantaxe aos liberais fronte aos ultraconservadores.
O aspirante liberal apoiado polo Goberno, Rafal Trzaskowski, conseguiu o 31,36 % dos sufraxios, fronte ao 29,54 % que obtivo o nacionalista Karol Nawrocki, apoiado pola oposición ultraconservadora, que gobernou entre 2015 e 2023.
Como ningún dos 13 aspirantes a suceder a Andrzej Duda conseguiu máis do 50 % dos votos, será necesaria celebrar unha segunda volta o próximo 1 de xuño.
As eleccións certificaron unha alta participación cidadá. Superou o 69 %.